Ecos do Desfile Sustentable

Hoxe fai unha semana que celebramos o desfile de moda sustentable cos alumnos de 3º da ESO, 1º de Bacharelato e unha representación de infantil. Estamos moi orgullosos do traballo realizado polos participantes. Tamén nos sentimos moi contentos do resultado e da repercusión que está a ter na Coruña. Por iso non podemos facer outra cousa que dar as gracias:

  • GRACIAS A TODOS OS QUE ASISTISTES Ó DESFILE: Enchimos o teatro, máis de cincocentas persoas! Un público ademáis animado e entregado!! Moitas gracias!!
  • GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS DO COLE: Polo voso entusiasmo dende o primeiro día, durante o desfile e por todalas mensaxes de agradecemento que estades a enviar. Gracias en especial a todalas familias que fixeron posible o desfile, orgánizanse para os ensaios. Gracias tamén as familias das alumnas de infantil, que cando xa tiñan reservada a entrada para asistir coas súas fillas, a poucos días do desfile, decidimos incluílas e facer a colección Aquarium Finisterrae.
  • GRACIAS A PAULA VICENTE: Por esas coleccións marabillosas: María Pita e Aquarium Finisterrae. Polo entusiasmo de presentar a súa primeira colección no cole e por facer posible este evento.
  • GRACIAS ÁS EMPRESAS: Que asistiron a apoiar o desfile: ITFAB, ECOEMEBES, Flaco Studio e Salpax. Tamén aos colaboradores de Valora Consultores e da Universidade da Coruña.
  • GRACIAS Á PRENSA: Por visibilizar a nosa loita por cambiar certas costumes que non axudan ó medio ambiente.
  • GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN COA EXCURSIÓN DE 1º DE BACHARELATO: Moitísimas gracias pola vosas achegas voluntarias. Recolléronse 561,50€ no bote que os alumnos colocaron na entrada ó teatro. Esta cantidade repartirase entre os alumnos de 1º de bacharelato que participaron no evento e irán á excursión a Italia!! 

Colgaremos nuns días as fotos do evento para que poidades revivir os momentos máis emocionantes!! Polo de agora deixámosvos os enlaces ás publicacións na prensa:

Animámosvos a que consultedes a páxina web de BoscoGreen onde poderedes atopar todas as actividades que estamos a facer na procura dunha educación que sexa máis respectuosa co medio ambiente. 

Moitas gracias a todos!!

Equipo BoscoGreen