CAMPAMENTOS VERÁN IEF

0
71

Un ano máis dende o Centro Xuvenil Abeiro e xunto coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia estamos a organizar a campaña de verán nas agrupacións do IEF.

Xa está aberto o período de preinscrición que se pechará o 31 de maio

 

  • Xunto coa preinscrición abonarase unha cota de 50€ para todos os campamentos excepto Saltimbanquis que será de 15€.
  • O pago realizárase mediante transferencia bancaria ó número de conta que aparece no formulario. CONCEPTO: Nome do rapaz/a + campamento (Saltimbanquis, Andaina, ADS, Ini I, Ini II, Cate 1 e Cate 2)

INSCRICIÓNS

  • Do 1 de xuño ao 22 de xuño. Informarase máis adiante.

 

DEVOLUCIÓNS

  • Se unha baixa prodúcese durante o período de preinscrición (ata o 31 de Maio) devolverase ao participante a cota de preinscrición.
  • Se unha baixa prodúcese durante o período de inscrición devolveráselle ao participante todo o achegado, excepto a cota de preinscrición
  • Se unha baixa prodúcese despois do período de inscrición (20 de Xuño) non se devolverá nada do achegado
  • Se unha baixa é por causa de forza maior (accidente,…) estudiarase a cota para devolver en cada caso