XVIII Campamento Urbano

0
76

A Asociación Centro Xuvenil Abeiro presenta o seu XVIII CAMPAMENTO URBANO “Un Urbano de Cine”.

Destinatarios

  • Nenas e nenos nados entre os anos 2010 e 2016

Datas e Horarios

  • do 31 de xullo ao 11 de agosto
  • de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 horas

Inscricións

  • Esta actividade é totalmente de balde
  • Podes realizar a túa inscrición ata o 23 de xullo premendo no enlace que aparece arriba

O Campamento Urbano trátase dunha actividade de balde dirixida a nenas e nenos que por diversas razóns, pasan as súas vacacións na cidade da Coruña.

É un campamento con catro características fundamentais: abertogratuítona cidade e con continuidade.

Con esta proposta pretendemos que as nenas e nenos descubran a cidade de A Coruña dun xeito diferente e por último darnos a coñecer e animalas/os xunto ás súas familias a continuar participando das nosas actividades o resto do ano.