Luces, cámara, acción! Premiados!

0
16

O venres pasado, uns alumnos nosos de 1º de bacharelato foron ao Museo Pedagóxico Galego a recoller os premios coas que foron galardoadas as súas creacións audiovisuais no Certame de curtas Rec-Curta, organizado por Escolas Católicas Galegas para todos os colexios concertados católicos de Galicia.

Parabéns a todos eles e aos demais participantes polo esforzo realizado e os proxectos conseguidos!

Esta é a obra audiovisual coa que Diego Morente Naveira obtivo o galardón ao mellor uso da lingua no seu personaxe, e que supón proximamente a participación no Festival de Cans, por segundo ano consecutivo para o noso centro.

Nesta curta, Hugo Betancur Sacristán obtivo o recoñecemento ao mellor actor do certame.

Esta creación, obtivo un accésit na categoría de 4º ESO a 2º Bto.