Noraboa Anxo Vázquez

0
82

Onte tivo lugar a entrega dos premios do 50 Concurso Literario Minerva no Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela. Sen dúbida, os premios para xente nova máis importantes de Galicia. Participan nel alumnos e alumnas de toda a xeografía galega; de centros públicos, concertados e privados. É unha festa de literatura xoven. Entre os gañadores estivo Anxo Vázquez, alumno noso de 2º de BTO, que obtivo o 3º premio na modalidade de poesía. A continuación, un dos seus poemas.

Os camiños da cidade

 son estériles. 

Por iso os avós

 viven na aldea. 

(Eles

 non aprenderon 

a debuxar no asfalto)

 

Anxo Vázquez

A entrada Noraboa Anxo Vázquez publicouse primeiro no CPR Salesiano San Juan Bosco.